Blog da BIBLIOSOÑOS

19/4/09

ABRIL, MES DO LIBRO.

Durante todo o curso temos sempre moi presentes "os libros" pero, neste mes, dun xeito máis especial, pois o 23 de abril celébrase


O DÍA DO LIBRO.

Para celebrar este día nas aulas preparamos actividades especiais e, de forma colectiva, os nenos e nenas de infantil xunto coas súas profesoras, fixeron un mural baixo o título de "A PRIMAVERA DOS LIBROS".
Os alumn@s de primaria prepararon o "Rincón das celebracións" cunha exposición de traballos de poesía, un libro de Piratas, un traballo documental sobre Miguel de Cervantes e o Día do Libro.