Blog da BIBLIOSOÑOS

5/9/09

Vídeo Contos


Pica neste enlace e atoparás unha chea de contos

26/8/09

GERONIMO STILTON VAI AO OESTE



O rato máis querido polos nen@s: GERÓNIMO STILTON, fixo unha viaxe especial ao salvaxe oeste.
Neste libro vivirá aventuras fantásticas na cidade de CACTUS CITY. Aquí coñecerá entre outros ao doctor do pobo Donovan, ao enterrador Boris, a Buck o ferreiro...

15/8/09

Para fans de Geronimo Stilton

Preme no aquí e atoparás algo que che vai gustar.

31/7/09

No verán, un libro na man...



Escritor: Mercedes Franco

Ilustrador: Elisa Riera Arumi

Editorial: Thule, Barcelona (2005)

Este libro trata de: Aventuras, recomendado para letores de 6 a 8 anos.

Trata dunha nena, Annie, que desexa ser pirata pero como é un campo pechado só para homes ten que disfrazarse para conqueri-lo seu desexo.

Descubrirán os piratas que Annie é unha rapaza?

Conquerirá o seu obxectivo de ser pirata ainda que é unha nena e non un neno?

Será aceptada por tódolos piratas do mundo?

So poderás conqueri-la solución cando leas este libro.

24/6/09

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES - 2009/2010

Publícase a relación de centros que se incorporan, segundo resolución provisional, ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2009/2010. A resolución definitiva de todos os centros integrados no programa publicarase posteriormente no DOG.
O NOSO CENTRO TAMÉN FOI SELECCIONADO.

17/6/09

FELICES VACACIÓNS







Xa chegou o verán, é tempo de vacacións, imos ter moito tempo libre para xogar, pasear, ir á praia, estar coa familia, festas e máis festas...pero seguro que tamén imos a ler moito, por iso, dende o blog da Biblioteca Escolar, buscamos algunhas editorias que vos poden axudar a esoller libros

25/5/09

RECOMENDACIÓNS


Na rede descubrimos algunhas páxinas interesantes. Premendo nos nomes podedes acceder á páxina oficial de Sherlock Holmes, o famoso detective.Na páxina ides atopar fotos, vídeos, a biografía do autor,..Tamén atopamos a páxina de Enid Blyton, a autora dos famosos cinco, que eran dous nenos, dúas nenas e,...un can. Xuntos resolvían misterios e vivían moitas aventuras.
Na biblioteca do cole tedes libros dos Cinco e de Sherlock Holmes.

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL.


Biblioteca dixital mundial é unha páxina interesante, os seus fins son achegar recursos culturais aos educadores.Veredes que trae documentos de todo tipo, de diferentes partes do mundo.